Eventos / Cata a arte 28 de novembro de 20:00
Adega: BODEGA ALANÍS
Actuación: MÚSICA CON 4MAL QUARTET JAZZ
Bodega Alanís leva dende 1910 elaborando magníficos e singulares viños na D.O. Ribeiro potenciando o uso das castes, como Treixadura ou Torrontés. Caracterízase por conciliar de xeito natural a creación de viños modernos co respecto a unha tradición vitivinícola largamente arraigada na zona. A adega goza dunhas modernas instalacións con capacidade para dous millóns de litros, que a consagran como unha das máis grandes da rexión.
4Mal Quartet Jazz é un grupo de O Carballiño, nado en 2015 e formado por Alexandre Cabanelas (saxos), Ángel Alfonso Gulías López (piano), Alberto “Roni” (contrabaixo, baixo eléctrico) e Alex González (batería).
O seu repertorio é un conxunto de temas orixinais, standards de jazz e versións de outros temas. En 2017 lanzan un crowdfunding para poder gravar o seu primeiro disco de estudio e publican “Perspectivas”, composto por 10 temas de composición propia, menos a pista 8. Despois do lanzamento, o cuarteto sae de xira-presentación por todo Galicia. En febreiro de 2019 lanzan un single titulado “Pick Up Your Name”, que nos transporta a novos horizontes do jazz.
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar