Eventos / Cata a arte 21 de novembro de 20:00
Adega: ALBERTE
Actuación: OS FORASTEIROS
Nas soleadas ladeiras de Arnoia medran as súas cepas ancestrais, a unha altitude media de 300 metros, onde os solos graníticos e un clima atlántico marcan a calidade das uvas. Unha viticultura tradicional e de baixos rendementos, garante a obtención dunhas uvas nas que se reflicte o carácter varietal e do “terroir”. Así chegan á ádega, onde son elaboradas con respecto. A orelas do río Arnoia nun edificio de arquitectura tradicional sitúanse as modernas instalacións de Bodegas Nairoa. Coas mellores materias primas, unha vinificación tradicional e a aplicación dos últimos avances tecnolóxicos están elaborando os seus viños de alta expresión, personais, complexos e harmónicos.
OS FORASTEIROS
Un grupo ourensán formado no ano 2012 tocará nesta xornada de Cata a Arte. A súa música mestura country, folk e cajun, chamando á súa proposta musical grelos- western.
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar