Eventos / Cata a arte 14 de novembro de 20:00
Adega: CATRO PARROQUIAS
Actuación: MONÓLOGO DE ALBERTE MONTES
Catro Parroquias é un viño branco elaborado con Treixadura, a variedade raíña da D.O. Ribeiro da man de Bodegas Loeda. É unha adega familiar, situada en Sampaio – Ribadavia, que comezou alá polos anos 20 ata día de hoxe, pasando sempre por diversos cambios. Actualmente o propietario é Alfredo Domínguez Rodríguez.
Alberte Montes é actor, guionista, director, locutor… Na súa faceta de actor ten participado en varias ficcións, a máis coñecida foi Fariña, emitida en Antena 3, e actualmente está a traballar nun proxecto televisivo para a TVG. Como humorista formou parte do elenco de Comedy Central e xira por toda España cos seus espectáculos de monólogos. No apartado televisivo destaca tamén como colaborador na canle GOL participando en dous dos seus programas, “Los lunes al Gol” e “Los Infiltrados”. O seu espectáculo: Galego pode selo calquera… (monólogo): Ser galego é doado? Depende. Os galegos temos un xeito de ser característico e diferenciado doutros pobos e culturas que nos rodean. Historicamente teñen empregado os tópicos para ridiculizarnos e mofarse de nós, feito que explicaría en parte que arrastremos algo de autoxenreira. Eses tempos foron pasando e agora xa somos quen de defendernos con orgullo dese estigma combatendo
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar