CATA A ARTE V

Eventos / Cata a arte 08 ó 29 de novembro

O RIBEIRO E O “MARCOS VALCÁRCEL” XUNTAN VIÑO E CULTURA NA V EDICIÓN DA “CATA A ARTE”

A exitosa iniciativa de maridar viños do ribeiro con exposicións no centro cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación e engadirlle ademáis una segunda actividade cultural en directo como música, teatro ou maxia chega á súa quinta edición coa presentación hoxe de “CATA A ARTE”, experiencia nacida dunha maneira experimental e que se consolidou de xeito definitivo, con máis de 600 asistentes na pasada edición.

 

Catro adegas do ribeiro presentarán os seus viños os xoves 8, 15, 22 e 29 de novembro, ás 20:00 horas, nun ambiente no que ás exposicións de pintura ou fotografía programadas no centro cultural engadiranse os espectáculos do mago Deimi, a música de Diego Nóvoa que presenta o seu novo disco, o teatro de Compañía #2 ou a música de L´Apetite Mort. Os catro espectáculos amenizarán as presentación das adegas Loeda, Nairoa, Celme e Alanís, respectivamente. As catas teñen un carácter solidario, que nesta edición terá como destinataria á Asociación de Fibromialxia, Fatiga Crónica e Sensibilidade química de Ourense.

 

O presidente da D.O. Ribeiro, Juan Casares, loubou a calidade dos viños producidos na denominacións “que se atopan entre os mellores do mundo” e o feito positivo de xunguir a excepcional calidade deste producto coa cultura.

 

Rosendo Fernández, Vicepresidente da Deputación, tamén apostou polo riqueza que o viño xenera como sector da provincia de Ourense, ademáis do carácter solidario desta iniciativa.

 

O director do cento cultural, pola súa banda, agradeceu ao consello regulador do Ribeiro a súa implicación nesta novidosa iniciativa dende o primeiro día ate convertela nun éxito seguro que goza do aprezo e valoración dos numerosos asistentes a cada cata nas edicións xa celebradas.

 

CATA A ARTE. V EDICIÓN

 

8 de novembro: Adega Loeda. Catro Parroquias + Mago Deimi

 

15 de novembro: Adega Nairoa. Alberte + Diego Nóvoa (música)

 

22 de novembro: Adegas Celme + Compañía #2 Teatro Permanente

 

29 de novembro: Bodega Alanís + L´Apetite Mort (música)

 

https://www.ribeiro.wine/es/

  • ¡Compárteo!

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar