Carlos Blanco Fadol: O sorriso oculto da música

Concerto 15 de decembro de 19:45

O etnomusicólogo e investigador uruguayo fará unha explicación e demostración sonora de instrumentos musicais exóticos na súa maioría descoñecidos polo gran público

Con intención de realizar unha actividade que ofreza opcións diferentes ás realizadas habitualmente con relación á música étnica, Carlos Blanco Fadol desenvolverá un programa ameno e moi variado onde abarcará unha serie de puntos:
1) Asi nace un museo da Música: o autor creou tres museos de Música étnica en España: en 1999 no Centro internacional de música da UNESCO en Altea, Alacante, en 2006 en Barranda- Caravaca, Murcia e en 2015 en Busot, Alacante. Blanco Fadol recitará un pensamento do seu libro de aforismos “Reflexiones a beiras do camiño” relacionado coa música étnica universal, e posteriormente realizará unha breve recensión, acompañada de imaxes, de como nace un museo da música, da súa importancia e o seu éxito.
2) Explicación e demostración sonora de instrumentos musicais exóticos na súa maioría descoñecidos polo gran público.
3) O sorriso oculto da música. Mostraranse algunhas imaxes dos 28 capítulos do seu novo libro premiado e presentado na recente Feira do libro de Madrid, e farase unha breve lectura de cinco minutos.
4) Gallego. O novo tema de Blanco Fadol, dedicado á emigración dos seus antepasados galegos, será interpretado polo mesmo autor en directo, coa proxección do vídeo clip de fondo.
5) Participación do público. Mediante un sistema – guía innovador e o emprego de instrumentos especiais, 35 persoas do público interpretarán temas coñecidos, independentemente de se son ou non músicos, acompañados co canto do resto de asistentes.
  • ¡Compárteo!

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar