Inauguración 06 de xuño de 20:00
O grupo Bacabú presenta, por vez primeira en Ourense, unha coidada escolma de obras na que o público terá a oportunidade de coñecer a cinco artistas lucenses.
Bordell, Santiago Catalán, Jorge Espiral, Honorio e Xermán Refojo que, cunha dilatada traxectoria, deciden fundar unha sala de Exposicións no centro de Lugo no ano 1998 e na que, ate o ano 2002, expuxo o máis representativo da arte galega contemporánea. Ao longo deses anos, estes artistas amosaron o seu traballo neste espazo, tanto de maneira individual coma colectiva, empezando deste xeito unha traxectoria como grupo marcada pola fonda amizade entre eles e baixo a denominación de Bacabú.
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar