APRENDE A EDITAR EN VÍDEO

curso 29 de febreiro de 10:00

Neste taller práctico conseguirás crear as túas pezas audiovisuais, utilizando o programa de edición “ Filmora”, un software de edición baixo custo moi sinxelo (con versión de proba gratuíta).

Imparte: David Hernández
Duración: 8 horas.
Horario: 10:00 h-14:00 h/16:00 h-20:00 h.
Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel. C/ Progreso 30. Ourense 32003.
Prezo: 60€
Contacto: info@laplantacion.info
Contidos do Taller:
1.- Introdución ao proceso de edición.
2.- Persoas e ferramentas.
3.- Tres conceptos fundamentais: orde, duración e ritmo.
4.- Edición interna e externa.
5.- Espazo e tempo: continuidade ou non.
6.- A transición.
7.- A relacións entre imaxe e son.
8.- Introdución ao software de edición WondershareFilmora.
Prácticas:
1.- Clip musical.
2.- Secuencias narrativas de ficción.
3.- Reportaxe
Obxectivos:
Descubrir e aprender a manexar as ferramentas que teño que utilizar para editar. Entender a linguaxe do vídeo para poder controlar todo o material que lle chega en bruto á edición e poder chegar á esencia do concepto que se quere expoñer.
Dirixido a:
Persoas interesadas na edición de vídeo con ou sen experiencia previa no medio. Necesidades das persoas participantes: Computador portátil, cargador, imaxes coas que traballar, caderno para tomar notas e o programa “ WondeshareFilmora” instalado (versión de proba).Materiais incluídos no taller: Apuntamentos e materiais de vídeo para editar.

  • ¡Compárteo!