O anuario pretendeu dende os seus inicios ser un medio de proxección da Escola ao exterior, de conexión co ámbito profesional, cultural e artístico, procurando a colaboración de autores de recoñecido prestixio a nivel local, nacional e internacional.