Antolóxica. Fotografía

Inauguración 26 de outubro de 19:00

Tomás Vega

Fotografía entendida como acción expresiva pero tamén como caderno de campo vital. A inmensa curiosidade e ampla formación de Tomás Vega se materializan en retratos, paisaxes naturais e urbanos, fotografía de monumentos, reportaxes científicos e pura experimentación que se desvelan mediante a coidada “cociña” química no laboratorio de revelado ou a metódica edición numérica con ordenador.

  • ¡Compárteo!