Ágatha Ruiz de la Prada, Purificación García e Adriana Domínguez

Conferencias / ICC Week 02 de abril ás 20:00

As recoñecidas deseñadoras e empresarias do ámbito textil darán comezo a esta nova edición da semana das industrias culturais e creativas

Este ano a ICCWEEK pon o foco de atención nun segmento, o da moda, punteiro en España, que é o quinto exportador europeo no textil, cunha cifra de negocio que supera os 10 mil millóns de euros. Un sector puxante e tamén estratéxico en Galicia onde a provincia de Ourense sitúase á cabeza das exportacións galegas só por detrás de Inditex, grazas ao Grupo Textil Lonia, que aglutina marcas de renome como Carolina Herrera e Purificación García.

Por unha banda Ágata Ruiz de la Prada, cuxo nome sinónimo de arte – non en van moitas das suas creacións foron expostas en prestixiosos museos de todo o mundo. Por outro lado Purificación García, ourensá de nacemento e un nome destacado dentro da moda española. Por último Adriana Domínguez, á fronte do importante grupo Adolfo Domínguez, cunha exquisita formación e sobrado coñecemento do sector.

  • ¡Compárteo!

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar