Acustiquísimos: Arco

Concerto / Acustiquísimos 05 de novembro de 21:30

Arco chega a Ourense para presentarnos algúns dos seus grandes éxitos e avanzar temas do seu cuarto e esperado álbum, un traballo repleto de raíz e autenticidade

Antonio Arco, coñecido artisticamente como Arco, é un dos referentes da escena do rock andaluz e a fusión flamenca. Tras liderar a banda El Puchero del Hortelano, o granadino inicia en 2016 o seu proxecto en solitario. Tres discos e un libro autobiográfico (‘40 años 40 canciones’) despois, Arco chega a Ourense para presentarnos algúns dos seus grandes éxitos e avanzar temas do seu cuarto e esperado álbum, un traballo repleto de raíz e autenticidade, e do que xa se coñecen temas como ‘Todavía’, ‘La Hoguera’ ou ‘La Luz’.

  • ¡Compárteo!

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar