Acustiquísimos. Carmen Boza

Concerto 29 de novembro de 21:30

Un ano máis gozaremos deste espectáculo diferente e cercano onde poder escoitar algunha das voces máis especiais da nosa escea coma nunca antes puideches facer.

Carmen Boza
  Un dos grandes descubrimentos da música española da última década pon o broche de ouro Momentos Alhambra Acustiquísimos 2019 o venres 29 de novembro. A compositora, cantante e guitarrista gaditana Carmen Boza presenta en acústico en Ourense o seu segundo traballo de estudo, A caixa negra, un álbum colmado de talento no que aborda as complexidades da vida moderna. Boza, que se deu a coñecer en 2014 tras o éxito da mansión dos espellos, explora no seu novo disco, escrito e producido por ela mesma, a súa relación coa música. Unha proposta repleta de autenticidade coa que, a través da guitarra e textos introspectivos, a cantautora consolídase como unha das artistas con maior proxección do panorama actual.

Un acto patrocinado por Cervezas Alhambra.

  • ¡Compárteo!

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar