Información 01 ó 30 de setembro
Ao longo do mes de setembro poderanse apuntar todos aqueles alumnos que estean interesados nas diferentes disciplinas.
Os interesados poden formalizar o ingreso desde hoxe ata o 30 de setembro
A Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense abre desde hoxe ata o día 30 de setembro o prazo de matrícula para o curso 2021-2022. Os interesados poden formalizar o seu ingreso na Escola a través dos formularios que están dispoñibles no centro cultural “Marcos Valcárcel”.
A Deputación de Ourense mantén esta histórica escola, con máis de 125 anos de vida, na que se poden practicar as disciplinas de debuxo e iniciación á pintura, perfeccionamento en pintura, talla-escultura en madeira, modelado-escultura en barro e oleiría.
O alumnado pagará unha cota de inscrición de 50 euros e un abono mensual de 10 euros pola asistencia ás clases, de luns a venres, nas instalacións que a Escola. A Deputación de Ourense bonifica ata o 100% ao alumnado desempregado ou que forme parte dunha unidade familiar na que os dous proxenitores se atopen en situación legal de desemprego. Tamén están exentos de matrícula e abono mensual as persoas con síndrome de Down e persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 por cento.
O curso académico empezará o día 4 de outubro e prolongarase ate o día 30 de xuño de 2022.
Máis información a través da dirección de correo electrónico: centrocultural@depourense.es.
Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.
Aceptar or Denegar