A GALICIA INÉDITA, UNHA OLLADA DIFERENTE AO FOTOXORNALISMO GALEGO

Inauguración 12 de novembro de 12:30

Unha exposición que busca visibilizar e poñer en valor o traballo dos fotoxornalistas e profesionais gráficos que desenvolven o seu labor nos medios de comunicación galegos.

“A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego” xurde por iniciativa da Asociación de Periodistas de Galicia (APG) e da Asociación Profesional de Fotoxornalistas de Galicia (APFG), co obxectivo de facer visible o labor dos gráficos de prensa e xornalistas que traballan ou colaboran en medios de comunicación.

  • ¡Compárteo!