Exposición de traballos de fin de curso da Escola de Artes e Oficios da Deputación

Exposición 19 de maio de 19:00

Mostra de traballos feitos polo alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense. Poderase visitar nas instalacións da Biblioteca Pública Nós.

A exposición é unha recopilación de traballos realizados entre 2025 e 2026 polos alumnos e alumnas das diferentes disciplinas que se traballan na escola: talla en madeira, debuxo e pintura, cerámica e oleiría e modelado en barro.

É unha mostra heteroxénea cunha mistura de traballos das distintas disciplinas que interactúan xerando diálogos entre materiais e estilos. Expoñemos dende pezas de estilo académico clásico  ata outras de carácter máis vangardista, todas cheas do bo facer técnico e moita creatividade.

A exposición estará aberta ao público dende o 19 de maio ata o 19 de xuño na Biblioteca Pública NÓS

  • ¡Compárteo!

Esta web guarda cookies en su ordenador. Estas cookies se utilizan para personalizar su experiencia de navegación y recopilar datos de uso de nuestro website de acuerdo con la Aplicación del Reglamento General de Protección de Datos (RGPD). Si decide no aceptar las cookies, una cookie se guardará en su ordenador para recordar durante un año esta selección.

Aceptar or Denegar