Se es artista e tes entre 18 e 30 anos, podes apuntarte ao Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense, que que se convoca bienalmente (última convocatoria en 2017). Esa foi a súa XIV Edición coa que a Deputación quere premiar o talento de mozos creadores con premios en metálico e a difusión das obras seleccionadas mediante exposición e a publicación do correspondente catálogo.

O premio abrangue as modalidades de pintura, escultura, gravado, e calquera outro tipo de expresión artística como vídeo, arte dixital, etc. a temática será libre, e cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades.

A exposición cos traballos premiados e seleccionados realizase no mes de setempo do ano da súa convocatoria, no Centro Cultural Marcos Valcárcel. A dotación dos premios é de un total de 7.000 euros: 3.000 euros para o primeiro premio, 2.000 euros para o segundo premio e 1.000 euros para o terceiro; concédense tamén dous accésits de 500 euros cada un, aos que o xurado poderá engadir accésits honoríficos.

O prazo límite de presentación das obras é o día 15 de xuño do ano da convocatoria. A próxima edición (XV) será no ano 2019

Consulta as bases para máis información.