XVII CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación provincial de Ourense, co obxectivo de promover e apoiar ós novos valores nos distintos eidos das artes plásticas, convoca o XVII Certame de artes plásticas deputación de Ourense, destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos.

O certame rexerase polas seguintes bases

1.- A convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calqueira outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc).

2.-poderán participar tódolos artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.

3.-A temática será libre, admitíndose todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase empregar calqueira tipo de técnica e material.

4.-Cada concursante poderá participar cun máximo de dúas obras, aínda que pertenza a distintas modalidades.

5.-As obras axustaranse ás seguintes características:
Pintura: Non superior a 2 metros en calquera das súas dimensións.
Escultura: Terá unha altura máxima de 1,80 metros e unha base que non superará o 1x1 metro.
Gravado e outras expresións artísticas: Medidas libres

6.-As obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico.

7.-Establécense os seguintes premios sen distinción de modalidade:
Primeiro premio.- 5.000 euros
Segundo premio.- 3.000 euros
Terceiro premio.- 2.000 euros
Dous accésits de 1000 euros cada un
O xurado pode conceder accésits honoríficos, se o estima oportuno, en vista

da calidade dos traballos presentados. Tamén pode declarar deserto calqueira dos premios.

As obras que reciban algún dos premios con dotación económica quedarán en propiedade da Deputación provincial de Ourense.

8.- O prazo de presentación das obras establecerase dende a convocatorio deste certamen no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ate o día 11 de xuño de 2023. As obras inscribiranse en formato on line, a través da plataforma.

WWW.MUNDOARTI.COM

9.- Inscrición.- . A inscrición será gratuita para o concursante, o cal deberá asumir os gastos de envío e devolución da/s obra/s no caso de ser seleccionado.

10.- A deputación realizará unha exposición (mes de setembro) cunha selección dos traballos presentados e realizará o correspondente catálogo.

11.- O xurado estará integrado por un mínimo de cinco membros vencellados ó mundo das artes plásticas.

12.- Os titulares das obras non premiadas deberán retirar estas unha vez rematada a exposición, cun prazo máximo dun mes. Unha vez superado o mesmo, os organizadores declinan calqueira responsabilidade sobre as mesmas.

13.- Os artistas autorizan á Deputación a emprega-la imaxe das súas obras en calqueira formato e sen límite de tempo.

14.- A participación nesete certamen supón a aceptación destas bases e o veredicto do xurado.