COFEPO Colección de Trenes Fernández Pacheco Outeiriño

Dende o ano 2002 encóntrase exposta en Ourense de forma permanente unha das coleccións de trens, escala H0, máis importante de Europa.

Formada por máis de 4.000 pezas, algunhas delas descatalogadas, a colección reproduce moitos de trens con protagonismo histórico tales como: os que serviron para firmar os armisticios que puxeron fin ás dúas grandes guerras mundiais, o primeiro tren que circulou en España, Barcelona- Mataro, os Talgos, trens, internacionais como o Oriente Express ou o Frecha de Ouro, o tren no que Buster Keaton rodou a súa magnífica película, "El maquinista de la general", e outros moitos.

A colección iniciaa o madrileño Manuel Fernández Pacheco no 1955 cando o seu pai lle regala o seu primeiro tren de xoguete. Moitos anos depois xunto ca súa muller, a ourensana Carmen Outeiriño, deciden doar á Deputación de Ourense a súa magnífica colección ca única condición de que estea exposta permanentemente ó público.

A exposición está montada nun fermoso edificio de principios do seculo XX e seguindo unha orde cronolóxica que permita apreciar a evolución tecnolóxica e de todo tipo que sufriu o tren ó longo da súa historia.

A colección conta ademáis cunha interesante biblioteca temática.

13528794 260709720955468 8364163308630844582 n