ARTE PRIVADA EN OURENSE

ARTE PRIVADA EN OURENSE

COLECTIVA

Esta exposición acomete un percorrido, cun discurso cronolóxico e estético, polas coleccións particulares da cidade desde o s. XVI ao XX. Recolle obras de arte de gran valor cultural que sairán, en moitos casos, por primeira vez á luz pública.

  • 3
  • 3
  • 3
  • 3
  • 3
  • 3
  • 3

  • ¡Compárteo!

Textos da exposición

ARTE PRIVADA EN OURENSE reflicte o entusiasmo dos coleccionistas, as súas querenzas, simpatías persoais, caprichos, obsesións… A selección descobre unha gran diversidade de temperamentos, porque cada colección manifesta a través das súas obras a identidade de cada comprador. Hai quen se deixa levar polo seu instinto, outros pola súa propia experiencia e os que se asesoran para realizar unha compra segura. É un coleccionismo que cultiva os seus gustos persoais adaptándoos á súa economía, que non sempre pensa en arte como investimento, senón como pracer e que se deleita coa contemplación de creacións de artistas consagrados ou emerxentes.
O discurso percorre cronoloxicamente desde o século XVI ao XX os principais xéneros artísticos: paisaxe, retrato, escenas costumistas e relixiosas, cadro de historia… Ao mesmo tempo, nunha liña evolutiva, vai describindo o proceso de cambios personificados nos distintos saltos estéticos que van transformando o panorama da arte e, conseguintemente, tamén o do coleccionismo. Desde o Renacemento ás primeiras vangardas do século XX, a exposición vai encaixando pezas nun quebracabezas cronolóxico e estilístico detallado e moi meditado.

Currículum do artista