O Tempo na Luparia

Proxección 16 de maio de 20:00

Unha documental dirixida por Plácido Romero

Esta actividade organizada por Arraianos Produccións S.L., é unha primeira presentación e proxección da documental.

“O Tempo na Luparia” pretende ser unha visión emotiva dun concello da Galiza interior a partir dos acontecementos e vivencias de todo tipo ocurridas nos últimos trinta anos. Destácanse aspectos históricos, as diferentes vicisitudes, evolución e pensamento dun grupo de rapaces dende os catro anos ata os trinta. A evolución dos ritos e cultos ancestráis, a valoración popular da figura do gran etnógrafo Xocas, con casa familiar no concello, a vida cotián e os anhelos dun esperanzador futuro son outros dos aspectos que se desenvolven, entre outros. En definitiva “O tempo na Luparia” pode ser vista, non dende unha posición convencional pesimista, senon como un intento poético de estímulo e orgullo de pertencer a unha terra, cuns grandes valores culturáis e históricos, e cunha confianza nun futuro, diferente, pero esperanzador.

Despois da proxección haberá un coloquio co director Plácido Romero.

  • ¡Compárteo!