O papel do Parlamento na sociedade galega

Conferencias / Foro La Región 10 de maio ás 20:15

Miguel Santalices Vieira,
Presidente do Parlamento de Galicia

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Alta Dirección, Xestión e Administración Sanitaria pola Escola d’Alta Direcció i Administració de Cataluña ( EADA), diplomado en Dirección Hospitalaria e en Sanidade e máster en Saúde Pública. Diploma de directivo da Xunta de Galicia. É funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria. Foi director dos ambulatorios de Vigo, director do Hospital Psiquiátrico de Toén, director do Hospital Xeral de Vigo e director do Hospital de Ourense. Foi tamén profesor colaborador da Escola Universitaria de Enfermería de Ourense. É membro do Comité Executivo Provincial do Partido Popular de Ourense e secretario executivo de Servizos Sociais; é deputado no Parlamento de Galicia desde a V lexislatura. Foi vicepresidente da Cámara na V e VIII lexislaturas –en substitución de Celso Delgado Arce e José Manuel Baltar Blanco, respectivamente–, portavoz de Sanidade na VI e VII lexislaturas e portavoz suplente na V, ademais de vogal e presidente de diversas comisións; vicepresidente do Parlamento de Galicia e portavoz de Sanidade do Grupo Popular na IX Lexislatura ata a súa elección como presidente do Parlamento de Galicia, o 26 de xaneiro de 2016. Substituíu na Presidencia da Cámara a Pilar Rojo Noguera.1​ Foi reelixido presidente do Parlamento de Galicia na Sesión Constitutiva da X Lexislatura, celebrada o 21 de outubro de 2016.

  • ¡Compárteo!