LV Olimpiada Matemática Española

Eventos 21 ó 24 de marzo

Este ano, a OME chega á súa quincuagésimoquinta edición e a Fase Nacional viaxa a Galicia por segunda vez (a primeira foi a Santiago de Compostela, en 2005).

Que son as olimpíadas matemáticas? Trátase de concursos entre novos estudantes, cuxo obxectivo primordial é estimular o estudo das Matemáticas e o desenvolvemento de novos talentos nesta Ciencia.  A Olimpíada Matemática Española organízaa anualmente a Real Sociedade Matemática Española e desenvólvese en dúas fases:
Fase Local, Fase de Distrito ou Fase Autonómica
Celébrase ao final do primeiro trimestre en cada Comunidade Autónoma ou Distrito Universitario; consta de dúas probas escritas nas que han de resolverse un total de seis problemas. Nela participan estudantes de secundaria que se presentan voluntariamente sen ningún requisito previo.
Fase Nacional
Nesta fase, ou concurso final, participa unha selección das mellores puntuacións das Fases Autonómicas e consta de dúas probas escritas de tres horas e media de duración cada unha, no transcurso das cales, han de enfrontarse a un total de seis problemas propostos por un tribunal.
Este ano, a OME chega á súa quincuagésimoquinta edición e a Fase Nacional viaxa a Galicia por segunda vez (a primeira foi a Santiago de Compostela, en 2005). Grazas á inestimable colaboración da Deputación Provincial, Ourense acollerá a participantes e acompañantes durante os días 21 ao 24 de marzo de 2019.
Olimpíadas Internacionais
As seis mellores puntuacións na Fase Final serás premiadas con medalla de ouro e darán dereito a participar na 60 th International Mathematical Olympiad, que terá lugar en Bath (Reino Unido) en xullo de 2019. Unha selección de catro, de entre elas, participarán posteriormente na XXXIV Olimpíada Iberoamericana de Matemáticas, que terá lugar en Guanajuato (México) en setembro de 2019.
Tódala información no seguinte enlace á web oficial da Olimpiada Matemática 2019:

  • ¡Compárteo!