Arranca… con sentido común.¿Por qué correr cando podes voar?

Foro / Foro La Región 19 de abril de 20:15

Pablo García Fortes

“Ourensán de nacemento (1963) e Vigués de adopción. Sétimo nunha familia de 12 irmáns, o que me axudo a ser, tal e como me definiu Emilio Durou, un SOBREVIVENTE. O meu propósito na vida é combinar a miña enerxía creativa e integridade, na procura de formas de aplicar estas a o servizo das persoas e organizacións. Me dín conta de que se lograba influír positivamente noutras persoas, iso axudaría a dar máis significado á miña vida. Por esta razón comecei a ensinar. Pensar novas formas de facer as cousas é algo esencial na miña forma de ser. Nunca estarei satisfeito de facer algo de forma convencional se existe un modo mellor de facelo. Iso se, sempre facendo sorrir á xente, xa que considero outras característica esencial do meu carácter o SENTIDO DO HUMOR. Sempre tento ver o lado positivo de todas as situacións. A miña experiencia profesional empezou no mundo das PEMES e dentro da área de novas tecnoloxías, que naquelas datas eramos considerados uns bichos raros. Máis tarde incorporeime ao sector financeiro e durante os meus 25 anos neste sector tiven a oportunidade de estar vinculado ás principais áreas de negocio, claves nunha organización, como son corazón do negocio: a Rede de Sucursais; a visión e control global: o departamento de auditoría; a alma da Entidade: a Obra Social; o activo máis importante dunha entidade: a xestión de RR. HH. da Obra Social; a xestión inmobiliaria e finalmente a área ao redor da que vira o “para que” de calquera empresa: A Orientación ao cliente. Esta experiencia achegoume un coñecemento e visión global da organización e o negocio, capacidade e flexibilidade para xestionar os cambios, as relacións interpersoais, o que me permite achegar valor á organización impulsando o potencial dos equipos nos que traballei. Así mesmo e grazas á miña formación e experiencia desde hai máis de 20 anos como facilitador de desenvolvemento persoal e profesional, e Coach Profesional, supuxo o complemento ideal para ser un profesional polivalente, adaptado aos cambios, orientado ás persoas, oínte activo, para guiar e apoiar ás persoas fomentando o desenvolvemento do seu talento.”

  • ¡Compárteo!