Rosa Cobo Bedia: “A prostitución coma unha forma de violencia contra as mulleres”

Conferencias 11 de febreiro ás 20:00

Organiza: Foro Feminista Falando NOS
Imparte: Rosa Cobo Bedia, profesora da Facultade de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid

A prostitución non é o “oficio” máis antigo do mundo, é a explotación, a escravitude e a violencia de xénero máis antiga que os homes inventaron para someter e manter a as mulleres a a súa disposición sexual. Algúns ” progres”, sobre todo homes e “empresarios” de prostíbulos que financian xenerosamente “correntes de opinión”, están a animar últimam ente o debate sobre a necesidade de “regular” a prostitución de mulleres. É dicir, converter esta violencia nunha profesión como outra calquera para as mulleres. Como poderemos educar para a igualdade nunha sociedade onde as mozas saberán que a súa futuro pode ser prostitutas, vendo a outras exhibirse en escaparates ao estilo do barrio vermello de Holanda, e os mozos saberán que pode usalas para o seu goce sexual se teñen o suficiente diñeiro para pagar por iso?

  • ¡Compárteo!