Adobe Photoshop. Nivel básico

curso 11 de maio de 10:00

Un taller introductorio, dirixido a todas aquelas persoas que teñen a curiosidade por saber cómo se utiliza Adobe Photoshop.

 

Un taller introductorio, dirixido a todas aquelas persoas que teñen a curiosidade por saber como se utiliza Adobe Photoshop, onde se desvelarán os aspectos básicos deste software especializado no retoque fotográfico de imaxes. Imparte: Xullo Eiroa. Duración: 8 horas.
Horario: 10:00 h-14:00 h/16:00 h-20:00 h. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel. C/ Progreso 30. Ourense 32003.
Dirixido a: Calquera persoa profesional ou afeccionada á fotografía, sen coñecementos ou con coñecementos moi básicos de Photoshop, que queiran aprender a manexar esta completa ferramenta para dar un acabado final ás súas fotografías.
Prezo: 50€
Contacto: info@laplantacion.info
Contidos do Taller:
1. Que é Adobe Photoshop?.
2. Contorna e fluxo de traballo.
3. Formato, resolución, tamaño e espazo de cor.
4. Ferramentas, capas e máscaras.
5. Axustes de niveis e curvas. Accións.
6. Introdución ao retoque por zonas. Branco e negro. Enfoque.
7. Escalado de imaxe. Xestión da cor.
8. Axustes de impresión e web.
9. Exercicios prácticos.
Obxectivos do Taller: Orientarse no manexo do programa nunha xornada técnica que desvele todo o potencial de Photoshop. Adquirir coñecementos, destrezas e habilidades propias do retoque fotográfico.
Aprender a manipular imaxes ata conseguir un traballo final de calidade.
Necesidades das persoas participantes: Os participantes deberán achegar ordenador portátil propio con Adobe Photoshop instalado, rato ou tableta gráfica. É recomendable dispoñer de arquivos dixitais de imaxes, para a realización de exercicios prácticos.
XULLO EIROA, Vigo, 1980. Biólogo pola Universidade de Vigo e fotógrafo pola Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense. Na actualidade desenvolve unha actividade empresarial baixo a súa marca comercial NatureandPhoto que unifica bioloxía e fotografía en forma en proxectos audiovisuais e turismo de aventura especializado. Resaltan as súas claras intencións como fotógrafo de autor en forma de expresión persoal sen descoidar a formación en aspectos teórico-prácticos de ambas as disciplinas. A súa formación é continua e complétase como alumno de diferentes fotógrafos. Formación: 2000-2004. Bioloxía. Universidade de Vigo. Vigo. 2013-2015. Fotografía. Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde. Ourense. Alumno de Iñaki Relanzón, Antonio Liébana, Oriol Alamany, José de Benito,
Duccio Malagamba, Gabriel Brau, David Jiménez, Javier Vallhonrat, Óscar Molina, Lola Guerreira, Javier Rise… Últimas Exposicións e Eventos: 2018. Expo 30x30x30x30. Sala Ap´ ostrophe. Vigo. 2017. Librarche 2017. Burgos. 2017. CREA. CC Marcos Valcárcel. Deputación de Ourense. 2016. Colaborador de Clavoardiendo Magazine. 2016. 7 th International Student Triennial of Fine Arts. Istambul. Turquía. 2015. & quot;931& quot;. Outono Fotográfico. Santiago de Compostela. 2014. & quot; ArtXove 2014& quot;. Pontedeume. A Coruña. Últimas Mencións: Seleccionado en Descubrimentos Photoespaña PHE 2016. Finalista no XX Ed. Fotomaratón de Vigo. 2015. Premio de Honra. Concurso Susana Santeiro. Vigo. 2015. Seleccionado Feira Viphoto. Vitoria. 2015. Premio Proxecto Edición. Copias de Autor. Vigo. 2014.

 

  • ¡Compárteo!