![]() |
11/02/2010 - 28/02/2010 Olga Reinoso , "El valor de lo cotidiano" A obra que avala a rúbrica de Olga Reinoso sempre concita interese, porque a pintora, cunha longa bagaxe propia,... sabe sorprender coa súa capacidade para expresar as súas formulacións mediante unha linguaxe deliberadamente sinxela e preciso que transmite proximidade. Esta suxestiva exposición móstrasenos como un dos seus traballos máis significativos porque a artista, esixente co oficio, non dubidou en enriquecela con novos matices e revisar algúns conceptos. Todo sen renunciar ás súas reflexións máis intimas e sen perder esa mirada tan propia da que sempre fixo gala. Mercedes Gallego Esperanza [volver] |