res_~1234181549_N_1_COMPOSICI_N_EN_GRISES.O_L.jpg

26/02/2009 - 22/04/2009

Andrés Santeiro
Ourense, 1979

"A sombra dos soños"

Hai en todo artista un modus operandi, un proceder, cando idea unha exposición. Por iso, a fin de establecer un discurso, desenvolve un plan e execútao.

É un esquema temático, xeralmente, mais tamén, en ocasións, o determinante é a técnica, compoñente prioritario naqueles autodenominados multidisciplinares. Este último aspecto, non afecta ao caso de Santeiro, cuxa disciplina prioritaria é a de ser e traballar como pintor, un aritsta que desde o debuxo, e as cores, desenvolve sobre o lenzo, principalmente, a súa creatividade.


[volver]