Deputación Ourense

Deputación Ourense

XIV Certame de artes plásticas

Os traballos premiados e os seleccionados polo xurado da XIV edición do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense para artistas menores de 30 anos conforman esta exposición, onde podemos achegarnos ás vangardas e últimas tendencias artísticas.

  • certame artes plasticas
  • 2 PREMIO
  • 2 PREMIO
  • 3 PREMIO
  • 3 PREMIO
  • ACCESIT 2

  • ¡Compárteo!

Textos da exposición

CONSTRUÍNDO OS NOSOS ALICERCES

INCENTIVAR, POÑER EN VALOR, VISIBILIZAR (Paula Cabaleiro)

Moito máis que un mero certame.

Para unha persoa nova, que comeza no eido profesional da arte contemporánea, esta iniciativa pode ser moito máis que un concurso, onde contrapoñer a súa obra á decisión dun xurado, en competencia (e diálogo) con pezas de creadores e creadoras da mesma xeración. Porque o día a día dun/ha artista non é sinxelo. Sobre todo, cando se atopa neses primeiros escanos da súa traxectoria. Dúbidas, inseguridades, erros. Non é fácil crer na valía persoal para amosar aquilo que sae da túa ollada tan subxectiva do mundo. Así, moitas obras de artistas nunca chegan a ter ese contacto primixenio co público, simplemente por non ter confiado nelas.

Por iso, unha cita xa consolidada e prestixiosa como a XIV do Certame de Artes Plásticas, ofrece aos artistas máis novos unha oportunidade incuestionable. En primeiro lugar, acadar un premio supón un gran recoñecemento profesional, cunha posta en valor da obra e do seu autor ou autora, aportando a este/a un grande impulso, para seguir traballando e loitando por oportunidades. Así mesmo, tamén conleva un grande incentivo económico, que na meirande parte dos casos, ben sabemos que será empregado en producir novas ideas e proxectos. E unha parte moi significativa será a mostra colectiva que se desenvolve coas pezas seleccionadas no Centro Cultural Marcos Valcárcel. ¿Que pode supoñer para as persoas participantes? Pois ademais de ver montada e exhibida a súa obra nun espazo con ampla visibilidade, difusión e prestixio, sendo contemplada por milleiros de visitantes, esta exposición pode ser unha importante plataforma, para acceder ao sistema e ao mercado da arte. Comezando por un xurado de profesionais (con distintos perfís que van dende a creación ata o comisariado ou a crítica), os novos creadores preséntanse ante aquelas persoas que poden confiar na súa creatividade, en diversos aspectos. Moitos axentes acoden a esta cita, buscando coñecer aos novos valores da creación contemporánea, ao mesmo tempo que supón un punto de encontro entre creadores e creadoras, que se enchoupan das experiencias alleas, aprendendo das demais obras participantes e toman contacto co eido cultural-artístico.

Por todo isto, creo firmemente no papel fundamental que desenvolven certames (xa históricos) como este. Porque o futuro da nosa cultura contemporánea só se pode garantir apoiando aos novos talentos, impulsando a súa visibilidade e recoñecendo o seu labor. Porque nos tempos que corren, é un acto de valentía decidir dedicar a vida á arte como actividade profesional. Apostando, arriscando e emprendendo.

As obras premiadas nesta ocasión connotan toda a complexidade do panorama da arte contemporánea actual, tanto a nivel temático e conceptual, como técnico, presentando pezas de distintas disciplinas e formatos. Sandra Varela, unha artista moi nova, acadou o primeiro premio, cunha audaz intervención de tecido sobre almanaques dunha coñecida marca do eido industrial e mecánico, dun xeito subversivo e crítico cara a imaxe da muller obxectivada e cosificada neste tipo de produtos.

1 PREMIO

2º PREMIO

.Pola súa parte, o segundo premio recaeu sobre unha peza multidisciplinar de fotografía e vídeo, cunha ollada poética e simbólica sobre o mar, o son e a traxedia, a partir dunha situación complexa a nivel autobiográfico de David Catá.

2 PREMIO

2 PREMIO

2º PREMIO

E o tecido volve a protagonizar o terceiro premio, pero esta vez dun xeito pictórico, a modo de bosquexo e trazado sobre un lenzo en branco, da man de Julia Huete.

3 PREMIO

3 PREMIO

3º PREMIO

Os dous accésits suman o fío como ferramenta, sobre diferentes materiais, ámbolos dous en clave reivindicativa: Arán Iglesias e Rebeca Lar. Non foi sinxelo acadar o fallo, dado o alto número de propostas e a calidade das mesmas. Agardo que teñamos acertado.

ACCESIT

ACCESIT

ACCESIT 2

ACCESIT 2

Artistas menores de 30 anos, procedentes de toda a xeografía española (Alacante, Asturias, Barcelona, Cáceres, Cidade Real, Xirona, Xaén, León, Madrid, Sevilla, Salamanca, Valladolid, Zamora e As Palmas de Gran Canaria), alén de Galicia, presentáronse a esta XIV edición, o cal nos amosa o alto prestixio deste certame dentro do plano nacional. Celebro, iniciativas que garanten unha

oportunidade democrática, cunha convocatoria aberta, cun xurado público que valora de xeito responsable, mantendo o anonimato das obras, e co compromiso de realizar unha mostra final e un catálogo, no que me atopo escribindo.

Os museos e as institucións culturais deben de estar ao servizo da sociedade, deben protexer e divulgar o patrimonio, fomentar o desenvolvemento da cultura e contribuír á construción (e ao fortalecemento) dos nosos alicerces como pobo, cunha identidade propia. E os novos talentos na arte contemporánea, son, en definitiva, parte fundamental deses alicerces.

Sigamos construíndo…

Currículum do artista