intemporesueborum

intemporesueborum

O tempo dos suevos na Gallaecia (411- 585 A.D.) El primer reino medieval de occidente


  • ¡Compárteo!

Ourense mira cara aos séculos V ao VI, para coñecer mellor a quen acabou formando o primeiro reino medieval de Occidente na Península Ibérica. Por iso, In Tempore Sueborum. O tempo dos Suevos na Gallaecia (411-585). O primeiro reino medieval de Occidente, verase do 15 de decembro ao 4 de marzo. A exposición será no Centro Cultural Marcos Valcárcel, o Museo Municipal e a igrexa de Santa María Nai. Consta de máis de case 300 pezas de gran valor procedentes de medio cento de museos de Europa. Inclúe visitas guiadas diarias de martes a sábado, ás 18.30 h., Outros horarios, reservar. Organiza a Deputación Provincial de Ourense, patrocinan ésta e a Xunta de Galicia e colaboran o Concello de Ourense e o Bispado de Ourense / Cabildo Catedral. Son os seus comisarios Jorge López Quiroga e Artemio M. Martínez Tejera.