Estado crítico 2

Estado crítico 2

Colección Alterarte

10 comisarios, 10 artistas


  • ¡Compárteo!

Textos da exposición

Coincidindo coa aparición do volume que reúne as 11 mostras celebradas en Estado Crítico 2 que tiveron lugar na Sala Alterarte do Campus de Ourense da Universidade de Vigo entre xaneiro de 2013 e agosto de 2015 aprovéitase para dar a coñecer ao público ourensán tamén aquelas outras obras que as/os artistas presentes naquelas diversas mostras de Estado Crítico 2 doaron á Colección Alterarte. Amosalas agora nesta exposición do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense significa recoñecer, por unha banda, a laboura de patrocinio ininterrumpido que a Deputación de Ourense vén tendo coas actividades do Campus de Ourense e, por outra, amosar a unidade de acción cultural que a Sala Alterarte ten cos grandes centros culturais da cidade de Ourense. Se no pasado mostrouse a Colección Alterarte no Museo Municipal de Ourense era agora preciso facelo neste Centro Cultural da Deputación que xa no pasado acolleu diversos actos de presentación da Sala Alterarte.

 

Unha unidade de acción cultural e artística coa cidade e as súas institucións que ofrécenos agora a posibilidade de contemplar aquelas obras xenerosamente doadas polos artistas á Universidade. Artistas que logo de pasar pola Sala Alterarte queremos seguir a promover e enfatizar no circuito artístico e cultural porque cremos que amosan ben os fértiles camiños no que se desenvolve a plástica actual e porque cremos tamén que toda colección tan xenerosamente constituida debe ser lóxicamente compartida e desfrutada polo maior número de persoas posíbeis. De aí a edición dun catálogo compilador daquelas mostras para difundir máis aló daquelas datas concretas e do espazo específico da propia sala o traballo feito e de aí, tamén, esta mostra que agora desfrutamos neste fermoso edificio dende o que a Deputación de Ourense proxecta a súa laboura cultural.

 

Currículum do artista