VISITAS GUIADAS

Información 21 de Decembro ó 17 de febreiro

A exposición ARTE PRIVADA EN OURENSE, que se pode ver no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación, ofrece dous modelos de visitas guiadas.

Poden concertarse visitas específicas para escolares ou grupos (no teléfono 988317893 ou no mail centrocultural@depourense.es). Estas visitas guiadas son diarias, de luns a venres.

 

Asemade, os sábados e domingos, ás 12:00 horas, realizarase unha visita guiada e gratuita, aberta á participación de tódolos visitantes que o desexen. Esta visita terá unha duración aproximada de 40 minutos e permitirá visualizar esta mostra extraordinaria dende unha nova perspectiva, coñecendo anécdotas e moitas curiosidades dalgunhas das obras que se exponen e dos seus autores.

  • ¡Compárteo!