Netiqueta: comportamento en liña.

Conferencias 06 de marzo ás 19:30

Impartida por José Martía Lozoya Pérez

A Netiqueta ou Netiquette, son un conxunto de normas de comportamento xeral na internet, enfocadas a tratar de crear uns hábitos ou regras de conduta dos internautas, no uso da internet. Estas normas ou consellos débense aplicar nos diferentes servizos que ofrece Internet, dende os medios de mensaxería instantánea, grupos de noticias, foros, blogues, redes sociais, etc., ata no uso do correo electrónico.

Organizado por INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) en colaboración con Ateneo de Ourense.

  • ¡Compárteo!