Juan Carlos Román: “Guerra”

Coloquio 07 de febreiro de 20:00

Charla-coloquio sobre coleccionismo, dentro da exposición ARTE PRIVADA EN OURENSE.

Juan Carlos Román Redondo é artista, profesor de Belas Artes na Universidade de Vigo e autor do libro “Os 100 problemas da arte contemporánea” publicado polo Centro de Documentación e Estudos Avanzados de Arte Contemporánea ( CENDEAC) ademais de autor de ensaios varios e asesor de arte contemporánea.

“A  arte, en tanto que campo de batalla do simbólico, está a ser usado como unha forma  hexemónica de discursos e ideoloxías que transcende a suposta autonomía da arte. Mostrarei a estrutura conceptual do coleccionismo e a súa vinculación coa cultura e a relixión, e de igual maneira exporei o aspecto máis especulativo da arte contemporánea. De como as clases máis humildes invisten en preferentes e como as clases máis adiñeiradas, fano en arte.”

  • ¡Compárteo!