Francisco. Un hombre de palabra

Proxección / Ciclo cine e vida 27 de marzo de 20:00

Organiza: Obispado de Ourense
Dirixido por Wirm Wenders

O 13 de marzo de 2013, o cardeal de Buenos Aires, o arxentino Jorge Mario Bergoglio, converteuse no pontífice número 266 da Igrexa católica. Trátase do primeiro papa procedente de América do Sur, o primeiro do hemisferio sur e o primeiro xesuíta en ser nomeado bispo de Roma, pero, sobre todo, é o primeiro papa que elixe o nome de Francisco, en honra a San Francisco de Asís (1181-1226), un dos santos cristiáns máis venerados e un reformador que dedicou a súa vida á “Irmá Pobreza” e a profesar o seu profundo amor pola natureza e todos os seres vivos da “Irmá Nai Terra”.

  • ¡Compárteo!