Oscar Pazos Rodríguez. “A invención da Gallaecia e a minaría do ouro”

Presentacións 13 de novembro de 20:00

Un libro de Oscar Pazos Rodríguez
Organiza: Ateneo de Ourense

Oscar Pazos, nado en Vigo 1967, xeólogo, comezou investigar as pegadas da minaría galaico-romana na zona do Baixo Miño aló polo ano 2013, coma parte da investigación xeo-arqueolóxica da senlleira cavada do Rego da Serpe, nas illas Cíes, atopando no camiño unha chea de minas, indicios e pegadas mineiras descoñecidas ou sen documentar, e moi mal interpretadas, o que o levou a escribir este libro no que se recollen e sintetizan os principais achados e conclusións destes anos de traballo. O autor segue a pescudar nas minas antigas e nas consecuencias históricas do gran ciclo mineiro do ouro, amais de contribuir á divulgación e coñecemento deste gran patrimonio xeo-arqueolóxico en andainas polas minas, en charlas e conferencias ou en congresos especializados.

Na actualidade, oscar Pazos traballa tamén como xeólogo independente facendo estudos de tomografía xeofísica de resistividade en xacementos arqueolóxicos, escribe e edita.

  • ¡Compárteo!