14 oitomiles sen osíxeno

Conferencias / Foro La Región 27 de febreiro ás 20:15

Imparte: Oscar Cadiach, alpinista
Presenta: Antonio Fernández Pena "Cholo", membro da escola e exdirector da Escola Galega de Alta Montaña

O camiño de Òscar Cadiach nos oitomiles foi longo e tortuoso. De feito, non se expuxo tentar completar os catorce ata o seu regreso do cume do Manaslu (8.163 m) en outubro de 2011. Naquel entón levaba oito cimas principais de máis de 8.000 metros e elaborou un plan para ascender ás seis que lle faltaban o máis rapidamente posible. Así, en 2012 conseguiu tres cumes ( Annapurna e Dhaulagiri na primavera, e K2 no verán) e en 2013 fixo outras dúas ( Kangchenjunga e Gasherbrum I), aínda que o Broad Peak se lle atragantó nos seus intentos de 2014, 2015 e 2016. Finalmente, este verán conseguiu completar a lista.

  • ¡Compárteo!